Nesta segunda entrada dedicada ás clases
que tivemos coa profesora Úrsula trataremos os temas das competencias clave e
do desenvolvemento de actividades de gramática e vocabulario na aula.
O tema das competencias
clave non foi novo para nos, xa que o vimos o longo de todo o master en
diferentes asignaturas. Malia todo trátanse dunha serie de conceptos moi
importantes para o correcto desenvolvemento do ensino – aprendizaxe. As
competencias clave xa viñan recollidas na LOE sendo oito competencias. A LOMCE
fará posteriormente desas oito, sete, e as define coma capacidades para aplicar
de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa co
fin de acadar a realización adecuada de actividades e a resolución de problemas
complexos. Esas sete competencias clave serán: a Competencia en Comunicación Lingüística
(CCL) que trata o relativo á expresión oral e escrita, a comprensión de textos,
a expresión de ideas, a interacción con outros e, en xeral, a comunicación; a
Competencia Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxías
(CMCCT) que tratan todo o relativo á resolución de problemas, uso dos números,
o emprego de estruturas lóxicas, o espazo e a forma ou os problemas medioambientais entre outras
temáticas; a Competencia Dixital (CD) que abrangue todo o relativo ó uso da
tecnoloxía, o contacto dixital, o uso de material audiovisual e a participación
nos blogs, wikis ou redes sociais; a Competencia de Aprender a Aprender (CAA)
que trata as técnicas de estudio, a autoavaliación, o traballo cooperativo e a
autonomía dos individuos para adquirir coñecementos novos; as Competencias
Sociais e Cívicas (CSC) que se centran no respeto dos dereitos dos humanos e
animais, o respeto pola diversidade, a globalización ou a tolerancia cara
outras culturas e relixións; o Sentido da Iniciativa e o Espírito Emprendedor
(CSIEE) que promove a planificación, o esforzo, as cualidades de liderazgo e a
responsabilidade; e a Competencia de Conciencia e Expresións Culturais (CCEC)
que trata as diferentes culturas, as tradicións,
a lectura e a sensibilidade pola arte en tódolos seus formatos. Grazas a estas
competencias podemos trazar, coma profesores, un camiño mais doado e eficaz
para conseguir éxito na etapa educativa dos alumnos e poidan converterse en
adultos competentes en moitos ámbitos da vida. As competencias que se deben de
traballar en cada curso da secundaria veñen indicadas pola Xunta de Galicia, no
caso desta comunidade. A grandes rasgos puidemos observar na aula que, no
tocante ás linguas estranxeiras, esíxese un traballo sobre a Competencia en
Comunicación Lingüística, a Competencia Dixital, a Competencia de Aprender a
Aprender, a Competencia de Conciencia e Expresións Culturais e as Competencias
Sociais e Cívicas. Pola contra non se observa a obrigatoriedade de traballar
coa Competencia Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxía
ou o Sentido da Iniciativa e o Espírito Emprendedor.
En relación coas competencias clave
levamos a cabo na aula unha actividade por grupos no que se nos asignou unha
competencia clave a cada grupo e tivemos que pensar qué poderíamos levar a cabo
para traballar as competencias nunha clase de lingua estranxeira. No meu caso
fixen a actividade con Sara Otero e Miguel Aira e tocounos a Competencia
Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxía. Aínda que
inicialmente pensamos que sería difícil de encadrar unha competencia coma esa
coa lingua estranxeira, pronto encontramos unha forma moi interesante. O que
plantexamos foi o tratamento das partes do corpo e as medidas coa creación de
frases descritivas tipo my arm is 70
centimeters long; o uso das cantidades, as comidas e os aportes
nutricionais para falar do que comemos, tamén por frases ou redacción tipo today I ate 300g of meat, which gives me
protein; e tamén algún tipo de lectura en lingua estranxeira sobre temas
relacionados co espazo ou a chegada do home á Lúa. Tralo proceso puxemos en
común as nosas ideas coa clase. Puidemos observar que é posible tratar tódalas
competencias no ámbito das linguas estranxeiras, aínda que sempre pode haber
dificultades.
No tocante ó ensino de gramática e
vocabulario vou falar das actividades
que levamos en grupo, tamén con Sara Otero e Miguel Aira. Ámbalas dúas foron
deseñadas para 1º da ESO. A primeira foi en torno ó vocabulario do corpo. Para
o desenvolvemento da mesma fixemos catro actividades distintas: a primeira, de
motivación, presentando unha canción que fala do corpo; logo unha actividade
guiada co uso de flashcards situadas, segundo o que digan os alumnos, nas
partes do corpo, e coa corrección do profesor; logo viría una actividade
semiguiada na que as flashcardas irán dentro dun recipiente do que despois, por
parellas, terán que sacar unha tarxeta e sinalar a parte do corpo do compañeiro
ó que fai referencia; por último teríamos a actividade libre no que terían que
facer unha redación curta, de cinco liñas, describindo os seus corpos usando o
vocabulario.
En canto á actividade de gramática a
deseñamos pensando no presente e o pasado continuo. Do mesmo xeito deseñamos
catro actividades: a primeira de motivación, cun vídeo onde se poidan ver os
aspectos gramaticais a tratar; logo viría a actividade guiada con outros vídeos
de xente que leva a cabo actividades e se describe o que está ou estaba a
facer; despois teriamos unha actividade semiguiada no que poríamos dous
recipientes, un con verbos para usar en presente continuo e no outro verbos
para usar en pasado continuo e con eles facer una frase que combine os dous
facendo uso de yesterday e today; por último, na actividade libre,
farían un pequeno diario do día sobre o que están ou estaban a facer.
En xeral o tema das competencias clave
sempre me parece interesante, xa que me parecen unha axuda e unha guía tanto
para o profesorado coma para o alumnado. No canto das actividades relacionadas
coa gramática e o vocabulario puidemos observar que non é tan difícil levar a
cabo cada tipo de actividade aínda que somos conscientes de que non sempre será
posible levalas a cabo de xeito correcto na aula.
Bo dia, Manuel:
ReplyDeleteGrazas polas túas reflexións, estou moi de acordo contigo no senso de que temos que ser conscientes de que non sempre se poderán levar a cabo correctamente. Malia isto, nós debemos tratar en todo momento de innovar na aula e achegar ao noso alumnado os mellores recursos para acadar unha apraprendizaxe óptima.
Por outro lado, parécenme moi interesantes as actividades que propós para ensinar o vocabulario do corpo ao alumnado de 1° da ESO.
Moitísimas grazas,
Ana Proupín
Hola Ana,
DeleteGrazas polo teu comentario. So unha puntualización. As actividades sempre se deben levar a cabo correctamente (materiais, nivel, planificación, etc). Outra cousa é que non obteñamos os resultados esperados, ou que unha actividade non funcione con un grupo determinado. Unha cousa é o proceso e outra o resultado. Por iso sempre nos debemos adaptar aos grupos cos que traballamos. ;)
Un saúdo,
Úrsula.
Hola! En primer lugar me gustaría felicitarte por tu entrada ya que me parece muy interesante. Como tú dices, el tema de las competencias clave ya no es nuevo pero nunca deja de ser importante tratarlo. Con respecto a la actividad que hicimos sobre este tema, creo que se adecua bastante bien al nivel en el que se encuadra y podría ser realizada perfectamente en clase con excelentes resultados. Las demás actividades que describes creo que tendrían una buena aceptación de ser llevadas a cabo en un aula.
ReplyDeleteUn saludo!
Gracias por el comentario Miguel,
DeleteUn saludo,
Úrsula.
Ola Manuel,
ReplyDeleteGrazas pola túa entrada.
Engado os meus comentarios a continuación:
Cando inclúes a definición de competencias, esta debería ir entrecomillada.
No link que das para ver que competencias traballar en cada curso, non son so para secundaria, senón tamén para bacharelato, e que hai unha pequena variación entre 1º ESO e o resto dos cursos.
No relativo a como contribuímos dende a clase da LE as competencias deberías escribir sobre todas as competencias e non só sobre a que vos tocou traballar na aula. So un pequeno matiz nun dos exemplos, diríase Today I’ve eaten... ou I had 300g of meat for lunch.
As actividades que deseñástedes son moi interesantes.
No relativo ás actividades gramaticais ou de vocabulario que fariades nunha unidade didáctica, lembra que a canción que propós é unha canción que se emprega en primaria, e que polo tanto xa a coñecerán, ademais de ser dun nivel anterior. A actividade que comentas dos flashcards, non sería a actividade unha senón o warm-up, que consistiría na introdución do vocabulario que imos empregar na unidade, ademais de axudarnos a avaliar o coñecemento previo do alumnado. A actividade dos post-its é unha actividade guiada (non semiguiada). Cando dis sinalar, non sei se tocarían aos compañeiros/as. Ao mellor en vez de tocar aos compañeiros o poden facer sobre eles mesmos. Ten en conta que a algún alumnado non lles gusta o contacto físico. Pensa que podes ter alumnado estranxeiro, alumnado con TEA, etc. É unha mágoa que non vinculases o vocabulario coa gramática.
No caso da gramática, só tres actividades para traballar dous tempos verbais, paréceme ben pouco. A actividade do vídeo non é guiada, senón semiguiada. No caso dos recipientes (paréceme unha idea moi boa!). No relativo a actividade libre, só practicarían o presente continuo, segundo o exemplo que das, cando se deberían practicar ambos tempos verbais.
Fíxate que non mencionaches que competencias traballas con cada unha das tarefas. Ademais non hai unha temporalización. Participa o/a auxiliar de conversa? Haberá tarefas adaptadas para o alumando con necesidades educativas?
No último parágrafo mencionas que non sempre se poden levar a cabo de xeito correcto as actividades. Coido que levalas a cabo de xeito correcto si que se pode e debe facer sempre, o que pasa e que algunhas actividades poden non funcionar ben cun grupo, de aí que nos teñamos que adaptar a cada un dos grupos de alumnado que temos.
Grazas polo teu traballo e esforzo Manuel!
Un saúdo,
Úrsula.
Grazas polo teu comentario Sara,
ReplyDeleteUn saúdo,
Úrsula.