Deixo por aquí os comentarios nas entradas dos meus compañeiros sobre os temas de Úrsula.
Showing posts with label ursula. Show all posts
Showing posts with label ursula. Show all posts
Thursday, 21 February 2019
Competencias clave e actividades de gramática e vocabulario
Nesta segunda entrada dedicada ás clases
que tivemos coa profesora Úrsula trataremos os temas das competencias clave e
do desenvolvemento de actividades de gramática e vocabulario na aula.
O tema das competencias
clave non foi novo para nos, xa que o vimos o longo de todo o master en
diferentes asignaturas. Malia todo trátanse dunha serie de conceptos moi
importantes para o correcto desenvolvemento do ensino – aprendizaxe. As
competencias clave xa viñan recollidas na LOE sendo oito competencias. A LOMCE
fará posteriormente desas oito, sete, e as define coma capacidades para aplicar
de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa co
fin de acadar a realización adecuada de actividades e a resolución de problemas
complexos. Esas sete competencias clave serán: a Competencia en Comunicación Lingüística
(CCL) que trata o relativo á expresión oral e escrita, a comprensión de textos,
a expresión de ideas, a interacción con outros e, en xeral, a comunicación; a
Competencia Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxías
(CMCCT) que tratan todo o relativo á resolución de problemas, uso dos números,
o emprego de estruturas lóxicas, o espazo e a forma ou os problemas medioambientais entre outras
temáticas; a Competencia Dixital (CD) que abrangue todo o relativo ó uso da
tecnoloxía, o contacto dixital, o uso de material audiovisual e a participación
nos blogs, wikis ou redes sociais; a Competencia de Aprender a Aprender (CAA)
que trata as técnicas de estudio, a autoavaliación, o traballo cooperativo e a
autonomía dos individuos para adquirir coñecementos novos; as Competencias
Sociais e Cívicas (CSC) que se centran no respeto dos dereitos dos humanos e
animais, o respeto pola diversidade, a globalización ou a tolerancia cara
outras culturas e relixións; o Sentido da Iniciativa e o Espírito Emprendedor
(CSIEE) que promove a planificación, o esforzo, as cualidades de liderazgo e a
responsabilidade; e a Competencia de Conciencia e Expresións Culturais (CCEC)
que trata as diferentes culturas, as tradicións,
a lectura e a sensibilidade pola arte en tódolos seus formatos. Grazas a estas
competencias podemos trazar, coma profesores, un camiño mais doado e eficaz
para conseguir éxito na etapa educativa dos alumnos e poidan converterse en
adultos competentes en moitos ámbitos da vida. As competencias que se deben de
traballar en cada curso da secundaria veñen indicadas pola Xunta de Galicia, no
caso desta comunidade. A grandes rasgos puidemos observar na aula que, no
tocante ás linguas estranxeiras, esíxese un traballo sobre a Competencia en
Comunicación Lingüística, a Competencia Dixital, a Competencia de Aprender a
Aprender, a Competencia de Conciencia e Expresións Culturais e as Competencias
Sociais e Cívicas. Pola contra non se observa a obrigatoriedade de traballar
coa Competencia Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxía
ou o Sentido da Iniciativa e o Espírito Emprendedor.
En relación coas competencias clave
levamos a cabo na aula unha actividade por grupos no que se nos asignou unha
competencia clave a cada grupo e tivemos que pensar qué poderíamos levar a cabo
para traballar as competencias nunha clase de lingua estranxeira. No meu caso
fixen a actividade con Sara Otero e Miguel Aira e tocounos a Competencia
Matemática e as Competencias básicas en Ciencias e Tecnoloxía. Aínda que
inicialmente pensamos que sería difícil de encadrar unha competencia coma esa
coa lingua estranxeira, pronto encontramos unha forma moi interesante. O que
plantexamos foi o tratamento das partes do corpo e as medidas coa creación de
frases descritivas tipo my arm is 70
centimeters long; o uso das cantidades, as comidas e os aportes
nutricionais para falar do que comemos, tamén por frases ou redacción tipo today I ate 300g of meat, which gives me
protein; e tamén algún tipo de lectura en lingua estranxeira sobre temas
relacionados co espazo ou a chegada do home á Lúa. Tralo proceso puxemos en
común as nosas ideas coa clase. Puidemos observar que é posible tratar tódalas
competencias no ámbito das linguas estranxeiras, aínda que sempre pode haber
dificultades.
No tocante ó ensino de gramática e
vocabulario vou falar das actividades
que levamos en grupo, tamén con Sara Otero e Miguel Aira. Ámbalas dúas foron
deseñadas para 1º da ESO. A primeira foi en torno ó vocabulario do corpo. Para
o desenvolvemento da mesma fixemos catro actividades distintas: a primeira, de
motivación, presentando unha canción que fala do corpo; logo unha actividade
guiada co uso de flashcards situadas, segundo o que digan os alumnos, nas
partes do corpo, e coa corrección do profesor; logo viría una actividade
semiguiada na que as flashcardas irán dentro dun recipiente do que despois, por
parellas, terán que sacar unha tarxeta e sinalar a parte do corpo do compañeiro
ó que fai referencia; por último teríamos a actividade libre no que terían que
facer unha redación curta, de cinco liñas, describindo os seus corpos usando o
vocabulario.
En canto á actividade de gramática a
deseñamos pensando no presente e o pasado continuo. Do mesmo xeito deseñamos
catro actividades: a primeira de motivación, cun vídeo onde se poidan ver os
aspectos gramaticais a tratar; logo viría a actividade guiada con outros vídeos
de xente que leva a cabo actividades e se describe o que está ou estaba a
facer; despois teriamos unha actividade semiguiada no que poríamos dous
recipientes, un con verbos para usar en presente continuo e no outro verbos
para usar en pasado continuo e con eles facer una frase que combine os dous
facendo uso de yesterday e today; por último, na actividade libre,
farían un pequeno diario do día sobre o que están ou estaban a facer.
En xeral o tema das competencias clave
sempre me parece interesante, xa que me parecen unha axuda e unha guía tanto
para o profesorado coma para o alumnado. No canto das actividades relacionadas
coa gramática e o vocabulario puidemos observar que non é tan difícil levar a
cabo cada tipo de actividade aínda que somos conscientes de que non sempre será
posible levalas a cabo de xeito correcto na aula.
O papel do titor e a titoría, lifeskills, medidas de atención á diversidade, metodoloxía CLIL e auxiliares de conversación
Aínda que tivemos tres sesións coa
profesora Úrsula os seus contidos foron posiblemente os mais grandes. Por iso
vanse dividir tanto os contidos e as actividades en dúas entradas. Nesta, a
primeira delas, imos a falar dos contidos sobre a titoría e o papel do titor,
as lifeskills, as medidas de atención á diversidade, a metodoloxía CLIL e os
auxiliares de conversación.
O principal tema do que falamos nas aulas
foi o tema da titoría e das funcións do titor dentro do ámbito dun centro de
educación secundaria. Se ben pode estar visto coma un cargo ou función mais ben
de trámite a verdade é que ser titor dun curso é estar nun posto de responsabilidade
para unha boa execución do ensino – aprendizaxe dos alumnos e unha peza clave
na resolución de dificultades e conflitos que poidan ter. Entre tódalas funcións
do titor encontramos as mais importantes como son: o mantemento das faltas ó día, que hoxe se
leva a cabo mediante a plataforma XADE
da Xunta de Galicia; manter un contacto relativamente constante e favorable non
só cos alumnos ó seu cargo senón tamén cos pais correspondentes xa que unha boa
comunicación tende pontes entre o centro e os fogares; coordinar as avaliacións dos alumnos o seu
cargo, sempre en contacto cos profesores das demais asignaturas que imparten
clase ós alumnos que titoriza; etc. Nas horas designadas como de titoría,
ademais, é importante abordar distintos temas e ámbitos educativos e tamén
estar ó tanto dos problemas que poidan ter os alumnos con calquera asignatura,
profesor ou compañeiro. É importante para o titor fomentar unha mellor percepción
dun mesmo, xa que os rapaces que se encontran nestas idades e no ámbito do
instituto tenden a ter unha baixa autoestima e unha mala imaxe de si mesmos;
tendo unha mellor imaxe dun mesmo e unha autoestima mais elevada o proceso de
aprendizaxe farase mais doado. Outra cousa importante a ter en conta para
tratar nas aulas de titoría é todo o que teña que ver co ámbito académico, xa
sexan as recuperacións pendentes, as técnicas de estudo para acadar un estudo
mais efectivo e uns mellores resultados, os horarios das aulas ou as saídas
profesionais, se xa falamos de 4º da ESO ou de 2º de Bacharelato. Queda claro
que ser titor esixe unha responsabilidade para con os alumnos e os seus
procesos educativos.
Respecto da titoría levamos a cabo unha
actividade na aula en grupo para tratar de crear unha actividade
de titoría que fomente a lingua estranxeira. No meu caso desenvolvín esta
tarefa xunto con Sara Otero e Miguel Aira. A idea baseábase nunha actividade
polo día do libro e en bacharelato no que trataríamos de fomentar a lectura e a
literatura de escritores ingleses, casteláns e galegos. Por medio de
Shakespeare, Lope de Vega e Rosalía de Castro e dunha das súas obras
tratariamos temas actuais coma o amor e as relacións tóxicas, a unión organizada
do pobo ou a inmigración e así tratar de aumentar o interese tanto pola
literatura coma pola lingua estranxeira de Shakespeare.
No que respecta ás lifeskills, que xa
tivéramos mención ó longo das clases, entramos un pouco mais en detalle nestas
clases nas que vimos cales eran e qué obxectivos tiñan tanto de forma
individual coma no conxunto. Trátanse dunha serie de habilidades que se
consideran necesarias para que un adolescente en proceso de converterse en
adulto poida levar un estilo de vida saudable.
![]() |
| Resumo, non ordeado, das lifeskills que vimos na clase. |
Outro aspecto moi interesante e importante
das clases foi o tema das medidas de atención á diversidade. É practicamente
imposible que non teñamos na aula algún alumno con algún tipo de dificultade
para desenvolver á súa aprendizaxe dunha forma “normal”. Por iso existen unha
serie de medidas á disposición dos centros e dos profesores para tratar de
encher ese bacío entre eses alumnos e os demais da aula e acadar un resultado
similar pese as dificultades. As medidas son moitas e poden dividirse en
medidas de carácter ordinario – se non alteran o currículo practicamente – e extraordinarias
– que implican unha alteración significativa. Para unha mellor comprensión de
cales son de cada tipo levamos a cabo outra actividade cunhas tarxetas nas que
estaban postas as medidas, segundo veñen redactadas no texto oficial, e tivemos
que escoller en grupo cales pertencían a cada tipo. Outra das actividades
relativas ás medidas de atención a diversidade foi unha folla con vinte e seis siglas. Entre a aula e, en maior medida, a
profesora fomos enchendo os nomes reais das siglas. Esta actividade resultou de
moita axuda e utilidade, xa que todos vimos moitas destas antes pero nunca
soubemos exactamente que querían dicir. Deste xeito temos unha folla de
referencia para todas elas. Ademais penso que nos deu unha maior perspectiva
respecto da diversidade de programas e trastornos que nos rodean.
Respecto da metodoloxía CLIL e dos
auxiliares de conversación non vou a entrar en detalle do que vimos en clase,
pero vou a falar dalgunha das actividades que levamos a cabo en relación a
estes temas. Unha das actividades que
levamos a cabo foi a elaboración dunha actividade coa metodoloxía CLIL no que
se tivesen en conta as “cinco Cs” que son: comunidade, contido, comunicación,
cognición e competencias. A actividade
desenvolveuse en grupo, xunto con Sara Otero e Miguel Aira, e decantámonos por
unha clase para 4º da ESO de Bioloxía. O foco da clase sería o papel do Sol na
vida tratando as súas funcións xerais, os procesos biolóxicos, a análise de
feitos constatables e ademais desenvolver varias competencias clave. Tratando estes
temas coa metodoloxía CLIL acadase un aprendizaxe transversal que fomenta o uso
da lingua estranxeira á vez que se adquiren novos coñecementos.
O que podemos sacar de todo o visto nesta
entrada é que o papel do titor é moito mais significativo do que poida parecer,
que é imposible non ter un alumno con algunha necesidade de axuda para o seu
correcto desenvolvemento na aula e que existen metodoloxías que poden ser moi
beneficiarias para o uso da lingua estranxeira. Penso que a aula, en xeral,
aprendeu moito, sobre todo asentando os coñecementos con testemuños da
realidade directa do funcionamento dun instituto normal.
Subscribe to:
Posts (Atom)
Comentarios de didáctica para Ursula
Deixo por aquí os comentarios nas entradas dos meus compañeiros sobre os temas de Úrsula.
-
Nesta segunda entrada dedicada ás clases que tivemos coa profesora Úrsula trataremos os temas das competencias clave e do desenvolvement...
-
Para esta entrada do blog, e dadas as circunstancias das clases na última semana, decidimos facer unha entrada conxunta para o tema 7 “S...
-
Aínda que tivemos tres sesións coa profesora Úrsula os seus contidos foron posiblemente os mais grandes. Por iso vanse dividir tanto os ...



