Aínda que tivemos tres sesións coa
profesora Úrsula os seus contidos foron posiblemente os mais grandes. Por iso
vanse dividir tanto os contidos e as actividades en dúas entradas. Nesta, a
primeira delas, imos a falar dos contidos sobre a titoría e o papel do titor,
as lifeskills, as medidas de atención á diversidade, a metodoloxía CLIL e os
auxiliares de conversación.
O principal tema do que falamos nas aulas
foi o tema da titoría e das funcións do titor dentro do ámbito dun centro de
educación secundaria. Se ben pode estar visto coma un cargo ou función mais ben
de trámite a verdade é que ser titor dun curso é estar nun posto de responsabilidade
para unha boa execución do ensino – aprendizaxe dos alumnos e unha peza clave
na resolución de dificultades e conflitos que poidan ter. Entre tódalas funcións
do titor encontramos as mais importantes como son: o mantemento das faltas ó día, que hoxe se
leva a cabo mediante a plataforma XADE
da Xunta de Galicia; manter un contacto relativamente constante e favorable non
só cos alumnos ó seu cargo senón tamén cos pais correspondentes xa que unha boa
comunicación tende pontes entre o centro e os fogares; coordinar as avaliacións dos alumnos o seu
cargo, sempre en contacto cos profesores das demais asignaturas que imparten
clase ós alumnos que titoriza; etc. Nas horas designadas como de titoría,
ademais, é importante abordar distintos temas e ámbitos educativos e tamén
estar ó tanto dos problemas que poidan ter os alumnos con calquera asignatura,
profesor ou compañeiro. É importante para o titor fomentar unha mellor percepción
dun mesmo, xa que os rapaces que se encontran nestas idades e no ámbito do
instituto tenden a ter unha baixa autoestima e unha mala imaxe de si mesmos;
tendo unha mellor imaxe dun mesmo e unha autoestima mais elevada o proceso de
aprendizaxe farase mais doado. Outra cousa importante a ter en conta para
tratar nas aulas de titoría é todo o que teña que ver co ámbito académico, xa
sexan as recuperacións pendentes, as técnicas de estudo para acadar un estudo
mais efectivo e uns mellores resultados, os horarios das aulas ou as saídas
profesionais, se xa falamos de 4º da ESO ou de 2º de Bacharelato. Queda claro
que ser titor esixe unha responsabilidade para con os alumnos e os seus
procesos educativos.
Respecto da titoría levamos a cabo unha
actividade na aula en grupo para tratar de crear unha actividade
de titoría que fomente a lingua estranxeira. No meu caso desenvolvín esta
tarefa xunto con Sara Otero e Miguel Aira. A idea baseábase nunha actividade
polo día do libro e en bacharelato no que trataríamos de fomentar a lectura e a
literatura de escritores ingleses, casteláns e galegos. Por medio de
Shakespeare, Lope de Vega e Rosalía de Castro e dunha das súas obras
tratariamos temas actuais coma o amor e as relacións tóxicas, a unión organizada
do pobo ou a inmigración e así tratar de aumentar o interese tanto pola
literatura coma pola lingua estranxeira de Shakespeare.
No que respecta ás lifeskills, que xa
tivéramos mención ó longo das clases, entramos un pouco mais en detalle nestas
clases nas que vimos cales eran e qué obxectivos tiñan tanto de forma
individual coma no conxunto. Trátanse dunha serie de habilidades que se
consideran necesarias para que un adolescente en proceso de converterse en
adulto poida levar un estilo de vida saudable.
Resumo, non ordeado, das lifeskills que vimos na clase. |
Outro aspecto moi interesante e importante
das clases foi o tema das medidas de atención á diversidade. É practicamente
imposible que non teñamos na aula algún alumno con algún tipo de dificultade
para desenvolver á súa aprendizaxe dunha forma “normal”. Por iso existen unha
serie de medidas á disposición dos centros e dos profesores para tratar de
encher ese bacío entre eses alumnos e os demais da aula e acadar un resultado
similar pese as dificultades. As medidas son moitas e poden dividirse en
medidas de carácter ordinario – se non alteran o currículo practicamente – e extraordinarias
– que implican unha alteración significativa. Para unha mellor comprensión de
cales son de cada tipo levamos a cabo outra actividade cunhas tarxetas nas que
estaban postas as medidas, segundo veñen redactadas no texto oficial, e tivemos
que escoller en grupo cales pertencían a cada tipo. Outra das actividades
relativas ás medidas de atención a diversidade foi unha folla con vinte e seis siglas. Entre a aula e, en maior medida, a
profesora fomos enchendo os nomes reais das siglas. Esta actividade resultou de
moita axuda e utilidade, xa que todos vimos moitas destas antes pero nunca
soubemos exactamente que querían dicir. Deste xeito temos unha folla de
referencia para todas elas. Ademais penso que nos deu unha maior perspectiva
respecto da diversidade de programas e trastornos que nos rodean.
Respecto da metodoloxía CLIL e dos
auxiliares de conversación non vou a entrar en detalle do que vimos en clase,
pero vou a falar dalgunha das actividades que levamos a cabo en relación a
estes temas. Unha das actividades que
levamos a cabo foi a elaboración dunha actividade coa metodoloxía CLIL no que
se tivesen en conta as “cinco Cs” que son: comunidade, contido, comunicación,
cognición e competencias. A actividade
desenvolveuse en grupo, xunto con Sara Otero e Miguel Aira, e decantámonos por
unha clase para 4º da ESO de Bioloxía. O foco da clase sería o papel do Sol na
vida tratando as súas funcións xerais, os procesos biolóxicos, a análise de
feitos constatables e ademais desenvolver varias competencias clave. Tratando estes
temas coa metodoloxía CLIL acadase un aprendizaxe transversal que fomenta o uso
da lingua estranxeira á vez que se adquiren novos coñecementos.
O que podemos sacar de todo o visto nesta
entrada é que o papel do titor é moito mais significativo do que poida parecer,
que é imposible non ter un alumno con algunha necesidade de axuda para o seu
correcto desenvolvemento na aula e que existen metodoloxías que poden ser moi
beneficiarias para o uso da lingua estranxeira. Penso que a aula, en xeral,
aprendeu moito, sobre todo asentando os coñecementos con testemuños da
realidade directa do funcionamento dun instituto normal.
Bo día de novo, Manuel:
ReplyDeleteEstou de acordo contigo en que estas sesións serviron para coñecer en profundidade o importante papel que xoga a persoa titora e aprender un pouco máis sobre as necesidades específicas do alumnado. A mín pareceume de gran utilidade coñecer as siglas que se empregan dentro dos centros, sobre todo para non chegar ao traballo e non entender ren.
Tamén estou de acordo en que aprendimos moito coas vivencias reais da docente e iso viuse reflexado na nosa motivación nas súas clases.
Por último, dicir que me parece moi interesante a actividade CLIL de bioloxía coa temática do sol.
Noraboa,
Ana Proupín
Grazas polos comentarios Ana,
DeleteUn saúdo,
Úrsula.
¡Hola Manuel!
ReplyDeleteAl igual que Hana, coincido contigo en que la hoja con las siglas vistas en clase fue de gran ayuda y que todos agradeceremos tenerla con nosotros al empezar como docentes. Los contenidos más teóricos que damos en clase son interesantes y útiles, pero oír las experiencias reales de primera mano siempre ayuda a visualizar mejor cómo será nuestra futura labor.
Creo que la actividad para fomentar la literatura podría ser interesante de llevar a cabo, ya que en Bachillerato conocerán a los autores. Además, relacionarlos con temas de actualidad sería un incentivo para que no vean la literatura como una tarea más que hacer, sino como una expresión de vivencias de todo tipo.
Un saludo
Carla Ingeian
Hola Carla,
ReplyDeleteGracias por los comentarios,
Un saludo,
Úrsula.
This comment has been removed by the author.
ReplyDeleteOla Manuel,
ReplyDeleteMoitas grazas pola túa contribución na entrada e as túas ideas.
A continuación fago algúns comentarios:
Falta a tarefa 2 da sesión 1 que fixemos en clase: Que tarefas son mellores para PMAR? E tamén a tarefa 1 da sesión 2: as actividades que pensáchedes en grupos para os auxiliares de conversa.
Gústame moito a actividade que deseñastedes para a titoría. Imaxino que lle pediriades aos profesores das diferentes materias que traballasen tamén os libros na aula por se non os coñecesen. Por outra banda, igual poderiades tamén engadir a un autor de lingua francesa (haberá alumnado que teña francés coma segunda lingua estranxeira) ou nas outras linguas que se estuden/falen no centro (por exemplo linguas do alumnado estranxeiro). Esta sería unha forma de inclusión. Fíxate que a entrada a escribes en galego pero a actividade a fas en castelán.
Na imaxe que insertas das habilidades psicosociais, comentas que non están ordenadas. Coido que si o están. A liña que as une vai marcando a orde. Esa é a orde da bibliografía da OMS, despois vos din outra forma de agrupalas de forma diferente.
Xa sei que a palabra “normal” que empregas está entrecomillada, pero ao mellor non é a máis adecuada. Igual poderías empregar “ordinaria” no seu lugar. Tampouco é que se encha un bacío entre un alumnado e outro, senón que hai dificultades que superar. (Non é un bacío).
No relativo a actividade das 5Cs nunha lección CLIL, creo que a que propós é moi interesante. No apartado de cognición comentas que se farán comparacións, polo que igual no apartado de comunicación deberiamos ter tamén as comparativas.
Estaría ben que os links estivesen marcados con outra cor ou subliñado, aínda que está en negriña é difícil de visualizar porque teñen a mesma cor. Só cambian de cor unha vez que se visitou o link. É algo que ten fácil solución.
Grazas polo traballo e as túas ideas,
Un saúdo,
Úrsula.