Dentro dos contidos abarcados no tema 5 (o deseño curricular base) podemos atopar cuestións coma qué é o currículo e os seus
elementos, as competencias básicas ou os graos de concreción curricular. Para
esta entrada pertencente ó tema 5 vamos a falar un pouco mais sobre as linguas estranxeiras
no currículo da Educación Secundaria Obrigatoria, do Bacharelato e na Formación
Profesional de grao medio e superior.
Comezando polo papel que teñen as linguas
estranxeiras na ESO podemos observar que o obxectivo xeral será a comprensión e
a expresión nunha ou mais linguas estranxeiras de xeito apropiado. Para acadar
este obxectivo, e deixando a un lado a metodoloxía que mediante a cal vaise
acadar o mesmo, vemos que a primeira lingua estranxeira ten unha presenza de
tres horas obrigatorias en toda a ESO. Namentres que a segunda lingua
estranxeira terá dúas horas obrigatorias en 1º e 2º de ESO, dúas horas
optativas en 3º curso e tres horas optativas no 4º. Como podemos observar a presenza
das linguas estranxeiras, aínda que menor ca da lingua española ou a lingua
galega, ten unha presenza obrigatoria, o que marca de certo modo a importancia
que ten para o desenvolvemento do alumnado. Os currículos dos catro cursos da ESO poden
consultarse no portal da Xunta aquí.
No referido ó Bacharelato temos que o seu
obxectivo xeral será expresarse con fluidez e corrección nunha ou mais linguas estranxeiras.
Como se pode ver presenta unha clara diferenza cos obxectivos da ESO. Mentres
que nesta última o obxectivo é a comprensión e expresión nunha lingua
estranxeira, no Bacharelato esíxese
unha fluidez con esa lingua. No caso da primeira lingua estranxeira teremos
tres horas obrigatorias tanto en 1º coma en 2º de tódalas modalidades do Bacharelato.
No caso da segunda lingua estranxeira teremos dúas horas optativas en 1º e
tres, tamén optativas, no 2º curso. No tocante ás probas e a avaliación compóñense
cun criterio similar tanto na ESO coma no Bacharelato. É importante destacar
que a primeira lingua estranxeira ten unha avaliación final obrigatoria,
mentres que ca segunda será opcional. Os currículos completos dos dous cursos
do Bacharelato para a primeira lingua estranxeira poden consultarse no portal
da Xunta aquí.
En canto os ciclos de Formación
Profesional de grado medio e de grado superior atopamos que non todos os ciclos
formativos posúen un módulo de lingua estranxeira e só uns poucos posúen un de
segunda lingua estranxeira. O módulo de primeira lingua estranxeira estará
presente “naqueles ciclos formativos que así dispoña na norma pola que se
establece, sempre que o perfil profesional do ciclo así o esixa”. Noutras
palabras, o módulo de lingua estranxeira será parte da formación dos ciclos
para os que sexa útil na posterior vida profesional dos alumnos. O currículo
destes módulos estará adaptado ás características e necesidades de cada ciclo.
Isto é moi boa idea xa que dentro dos amplos contidos que pode ter unha lingua
estranxeira, a unha persoa que se vai dedicar a un sector determinado da
economía non lle fai falta coñecer todo, senón o que vai a empregar no
desenvolvemento da súa actividade laboral. Por exemplo, un técnico superior en
turismo non precisará coñecer o vocabulario en inglés referido á compras e
ventas de material, pero si precisará o vocabulario sobre puntos de interese,
monumentos, etc. Esta é unha medida práctica e diferenciadora respecto da ESO
ou o Bacharelato, xa que presentan unha visión mais xeral da lingua
estranxeira. As programacións e a oferta educativa, así coma moitos outros
detalles referidos ós Ciclos Formativos de grado medio e superior pódense
atopar no portal da Xunta aquí.
Resumo das opcions do sistema educativo baixo a LOMCE. |
Podemos ver, en base a este repaso das
linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato e os Ciclos Formativos Medios e
Superiores, que a presenza das linguas estranxeiras ten unha boa importancia,
case tanta coma á da lingua española e o galego na ESO e no Bacharelato. O
currículo para estes seis cursos pode ser o axeitado para o nivel para o que
está deseñado. O principal problema podería estar na disposición do alumnado,
do docente ou dos métodos que se levan na práctica na aula. Estes contidos son
de carácter xeral e de, como di nos obxectivos de Bacharelato, fluidez ca
lingua estranxeira, polo que será unha aprendizaxe da lingua dunha forma mais
común e adaptada á vida diaria. No caso dos Ciclos Formativos unha diferenza
está na cantidade de ciclos que teñen un módulo de lingua estranxeira, que nos
Ciclos Medios é de cinco (segundo a información recollida na clase), e nos
Ciclos Superiores é moito maior. Por outra banda hai unha diferenza fundamental
nos contidos dos módulos de lingua estranxeira. Como se dixo ad supra, os contidos dos módulos
adaptaranse ás necesidades e actividades relativas ó ámbito profesional relativo ó Ciclo Formativo. Polo tanto, en
conxunto, podemos ver unha clara diferenza entre a ESO e Bacharelato con
respecto os Ciclos Formativos. Non obstante, a importancia que se lle da ás
linguas estranxeiras parece maior na secundaria que nos ciclos, onde se lle
busca unha maior funcionalidade.