Neste tema 5, titulado “Deseño curricular
base”, tratamos puntos relacionados con qué
e un currículo, cales son os seus elementos ou qué son as competencias básicas
ou clave. A parte das explicacións que recibimos na clase, e dos diversos
debates e razoamentos en grupo por parte do alumnado para dar una resposta a estas preguntas, levamos a cabo tres
actividades que nos axudaron a comprender mellor o tema dunha forma mais
dinámica do que suporía se tan só lésemos sobre isto. Dúas destas actividades desenvolvéronse
por medio da plataforma Kahoot! que permite a
integración do coñecemento na aula por medio de xogos e actividades lúdicas. A
terceira actividade baseouse nun traballo de procura de información en grupo
sobre o papel das linguas estranxeiras na LOMCE para dar resposta a unha serie
de preguntas.
A primeira das actividades, titulada Currículo LOMCE: quen fai qué? desenvolvida
por medio da plataforma Kahoot!, centrouse en contido referido ó currículo e a
que fai cada parte do mesmo e como se poden modificar. Para facelo xogo dividímonos en equipos de
dous ou tres alumnos por grupo. Só unha persoa por grupo tiña que ter acceso a
actividade aínda que as respostas ás preguntas acordábanse entre todo o grupo.
Unha vez feitos os grupos a actividade desenvolveuse da seguinte forma:
primeiro mostrábase na pantalla unha pregunta durante uns segundos para que
cada grupo a lese. Logo diso pasábase a unha conta atrás de tres segundos tras
os cales volvíase amosar a pregunta, pero esta vez acompañado de tres ou catro
posibles respostas en distintas cores, vermello, verde, azul e amarelo. Canto
mais pronto lle désemos á resposta, mais puntos acadaríamos. Pero se nos
precipitabamos podíamos cometer un erro e entón non conseguíamos ningún punto.
Pantalla de puntuación final da actividade en Kahoot! (versión de movil) |
En segundo lugar levamos a cabo a
actividade de procura de información en grupo sobre o papel das linguas
estranxeiras na LOMCE. No meu grupo tocounos investigar acerca do papel das
linguas estranxeiras nos ciclos formativos, e mais concretamente en torno ó
profesorado, a estrutura dos módulos de linguas estranxeiras nos ciclos e sobre
o currículo. A información atopámola consultando varias fontes e documentos da
Xunta de Galicia e dos documentos dispoñibles en Faitic. No caso do profesorado atopamos que para o acceso ó ensino
docente en lingua estranxeira nos ciclos os requirimentos son os mesmos que
para o ensino en secundaria. Respecto da estrutura puxemos de exemplo o contido
das guías docentes para o Ciclo Medio en Actividades Comerciais e do Ciclo
Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas (dispoñibles na páxina web da Formación
Profesional da Xunta de Galicia). En canto ó currículo botamos man da
información referida nun boletín da Xunta de Galicia composta de catro artigos.
A actividade pódese consultar na súa totalidade, xunto co traballo do resto dos
membros da aula aquí.
A terceira actividade levouse a cabo, de
novo, por medio da plataforma Kahoot!. Desta volta a actividade xiraba en torno
as Escolas Oficiais de Idiomas na comunidade autónoma de Galicia. Os grupos na
aula foron os mesmos que se formaran para a primeira actividade. Neste caso púidose
apreciar que non posuíamos tanta información e coñecemento sobre as Escolas
Oficiais de Idiomas coma o que sabíamos sobre o currículo. Malia todo a
actividade desenvolveuse ben e puidemos contestar correctamente a unha boa
cantidade de preguntas.
Como conclusión podemos dicir que as
actividades escollidas para este tema 5 foron apropiadas, creativas e moi
útiles para un mellor entendemento do temario. Foron especialmente interesantes
as dúas actividades desenvolvidas en Kahoot!, xa que nos permitiron competir
entre nos e, polo camiño, facer memoria do que sabemos sobre os temas das dúas
actividades. Non só iso, senón que ademais no caso de errar nalgunha das preguntas,
e co comentario explicatorio do profesor, atopabamos a resposta correcta e lle
dábamos sentido a todas as cuestións que non tiñamos de todo claras. En xeral
este tipo de actividades semellan ser, ademais de entretidas e divertidas, moi funcionais.
Ademais, ó aportar un toque de competición e un compoñente lúdico, poden ser un
intermedio nas sesións de clase sen deixar de aprender. Por outro lado, a
segunda actividade, se ven no proceso da procura de información puidemos dar
resposta a moitas preguntas sobre o tema a tratar, si que é certo que moitas
veces, na investigación, chégase a documentos
sen saída, dos que non extraes nada que se corresponda co que queres saber.
Malia iso, toda información é útil dun xeito ou de outro. A maior pega e qué, o
se dividir o traballo en grupos, cada grupo estará mais informado da parte que
lles toca e menos das dos compañeiros, aínda que escoitamos e lemos o resultado
da súa investigación.
No comments:
Post a Comment