Neste tema 7, titulado “Metodoloxía
CLIL/AICLE” falamos deste tipo de metodoloxía, dos seus principios e aplicacións.
Ademais tratamos distintas aplicacións e as razóns para o seu emprego. Pero qué
é a metodoloxía CLIL? A metodoloxía CLIL basease na integración dunha materia a
través dunha lingua estranxeira que non é a habitual para esa materia coma por
exemplo dar a materia de historia en inglés ou a de química en francés. Ademais
fará énfase na resolución de problemas e no saber
facer cousas para aumentar a motivación do alumnado e promover unha
aprendizaxe mais efectiva. Mais información sobre esta metodoloxía neste blog
do Ministerio de educación.
Son moi interesantes os tres principios
metodolóxicos do CLIL. O primeiro é que a lingua se usa para aprender contido
dunha area pero tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar.
Dito doutra forma, o profesorado ten que ter en conta non só os contidos da
materia que se vai a impartir senón tamén a lingua que se precisa para a súa comprensión
e comunicación xa que de non estar correctamente axustados non se podería levar
a cabo unha aprendizaxe correcta nin da materia nin da lingua. Isto pode ser
algo que moitos pasaríamos por alto pero que ten que terse moi en conta. Non
pode haber aprendizaxe dunha materia se non comprendes con certa claridade o
que che están a dicir, sobre todo noutra lingua que non é a materna e habitual.
O segundo principio metodolóxico é que a materia que se vai a estudar é a que
determina o tipo de lingua que se precisa aprender. É dicir, para cada materia
traballarase o tipo de linguaxe e as formas apropiadas para esa materia.
Carecería de sentido que se tivese que considerar o aprendizaxe de períodos
históricos se estamos na clase de física. Tanto o vocabulario coma as formas e
discursos que se levarán a cabo serán propios da area da materia. O derradeiro
principio e, baixo o meu punto de vista, o mais importante é que a fluidez está
por riba da precisión gramatical ou lingüística. Isto quere dicir que se vai a
valorar mais que o alumnado fale, tanto sexa mellor ou peor, pero que fale con
certa soltura e naturalidade. A corrección gramatical e lingüística virá logo,
co tempo, pero a capacidade de transmitir e comunicar é moi importante á hora
de aprender unha nova lingua. Isto é algo que non se ten moito en conta nas
aulas e que paréceme fundamental para promover o aprendizaxe e a motivación do
alumnado para aprender mais e desenvolverse mellor nunha lingua estranxeira.
Estes principios metodolóxicos correspóndense
coas características da propia metodoloxía. Por exemplo trátase dunha
metodoloxía centrada no alumnado, no que se fan proxectos ou se negocian as
tarefas a realizar. Tamén se trata dun ensino flexible, xa que ten como
prioridade a comprensión do contido empregando distintas estratexias lingüísticas
para acadalo. É unha aprendizxe interactiva, traballando en grupos e parellas,
e fomenta o desenvolvemento da aprendizaxe por descubrimento e investigación do
alumno. Trátase ademais dun aprendizaxe enfocado nos procesos e nas tarefas a
desenvolver, sempre empregando a lingua estranxeira establecida e promovendo a
comunicación nesta lingua. En xeral vemos que é unha metodoloxía enfocada a que
o alumno sexa o protagonista da súa aprendizaxe nunha gran medida, xa que ó
final será el ou ela o que leve o ritmo no que vai transcorrer a materia. O
portal de Wikipedia
en inglés presenta algunha información a maiores.
Tendo todo isto en conta podemos sinalar as
razóns que fan da metodoloxía CLIL unha boa forma de levar a cabo un
ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Entre as razóns mais importantes
temos que a lingua vaise aprender dun xeito mais eficaz aplicándoa a situacións
reais e fomentase a motivación para aprendela. Ademais a lingua está usada cun propósito
práctica, polo que os contidos son os mais axeitados para ese fin. Ademais
resalta o papel da lingua no proceso de aprendizaxe e levan a cabo procesos
mais profundos de aprendizaxe aumentando as capacidades xerais para o mesmo.
Fomentase ademais a tolerancia e o sentido da pluralidade xa que, ó falar e
aprender outra lingua, tómase unha maior perspectiva comparativa intercultural.
Algunhas das razons para o emprego da metodoloxía CLIL. |
Podemos dicir, para rematar, que a
metodoloxía CLIL aporta numerosas vantaxes á hora de levar a cabo unha
aprendizaxe dunha lingua estranxeira co engadido ademais de que se está a
traballar sobre unha materia non relativa a esa lingua. A pesar das
desvantaxes, principalmente en tempo para levar a cabo esta metodoloxía e a
formación específica dos docentes, podería ser unha alternativa mais eficaz
para a aprendizaxe de segundas linguas dun xeito mais efectivo e práctico. Como
engadido temos unha entrevista a David Marsh sobre este tema publicada en El
País.
Boas Manuel, moi boa entrada, os meus parabéns!
ReplyDeleteDebo confesar que teño as miñas dúbidas con respecto ao bo funcionamento desta metodoloxía no noso sistema educativo actual. A teoría está moi ben, pero creo que hai certos erros (como a insuficente preparación en linguas estranxeiras de moitos/as docentes) que poden estar lastrando o seu bo funcionamento. Creo que conviría facer máis "controis de calidade" do que se oferta e se cadra esixilles a acreditación dun maior nivel (C1) da lingua estranxeira na que se vai impartir as materias. En ocasións a sociedade tende erroneamente a medir o prestixio dun centro pola variedade da súa oferta en lugar de pola calidade da mesma, e non debería ser así, posto que ao final os perxudicados van a ser sempre os estudantes.
Un saúdo!
Laura Rodríguez Fernández