No tema 6, titulado “As programacións didácticas
vixentes” centrámonos mais polo miúdo na observación de unidades e programacións
didácticas que se están a levar a cabo en centros do noso entorno. Para isto
comezamos cunha pequena introdución na que debatemos en grupo cales serían as
partes mais importantes dunha programación didáctica co obxectivo de chegar a
un acordo. A pesar de que a nosa visión xeral
centraba a importancia das seccións dunha programación didáctica en
torno ós criterios de avaliación, o desenvolvemento das competencias clave ou
os estándares de aprendizaxe, o profesor Gonzalo Constenla fíxonos recordar que
unha parte moi importante das mesmas son as partes nas que o docente pode
variar e traballar como el pense que é mais axeitado. Sempre, por suposto, co
cumprimento e sen levala contra á lexislación vixente. Entre estas seccións
atoparíamos a metodoloxía ou a contextualización.
Coma primeira actividade na aula o que se
nos propuxo foi facer grupos e buscar unha programación didáctica da materia de
inglés dun departamento dun instituto de Galicia. Despois disto tiñamos que analizar
brevemente dita programación prestando atención ós seus apartados, ás fontes de
información, ós aspectos que chamasen a nosa atención e ademais a aportar unha
pequena descrición, dunhas cen palabras aproximadamente, dos contidos de cada
un dos seus apartados. No meu caso particular formamos un grupo de tres persoas
e eliximos a programación do departamento de inglés do Instituto de Educación
Secundaria Félix Muriel, de Rianxo. O produto da nosa observación e análise
debería quedar plasmado nunca breve presentación a través da plataforma PowToon que permite a realización de presentacións
alternativas ás mais coñecidas como poden ser as de Power Point ou Prezi. Mais
adiante tería que ser subida a plataforma de YouTube que lle engadiría
animacións e música. Aínda que a nosa presentación en concreto, dispoñible aquí, quedou un pouco corta porque no
grupo non comprendemos correctamente a tarefa, pareceunos unha forma mais
interactiva de preparar e presentación a información. Ademais co feito de
subilo contido a YouTube a información queda a disposición de todo o que queira
consultala ata que o usuario decida quitalo vídeo da rede.
Tras a presentación e visionado de tódolos
traballos que fixemos nos grupos de clase pertencentes á actividade anterior pasamos
á seguinte parte con outra actividade. Nesta actividade afondamos no tema das
rúbricas para a avaliación. Neste caso en concreto utilizamos de referencia
unha rúbrica que xa estaba dispoñible dentro do curso – creada para a
avaliación das presentacións finais da materia. Nesta rúbrica en concreto avaliábanse
os puntos relativos ó contido, a estrutura, o deseño, a fundamentación, a
valoración persoal e crítica e por último a expresión oral e a eficacia
expositiva. Polo xeral as presentacións tiveron notas moi similares en total,
sendo a nosa propia a que peor nota tiña, desafortunadamente. Con esta
actividade practicamos o uso das rúbricas para levar a cabo unha avaliación dun
xeito mais obxectiva, xa que os criterios que se perciben teñen que concordar
en maior ou menor medida con un cadro establecido na rúbrica. Este cadro marca
que nota lle corresponde por ese criterio e, deste xeito, o criterio subxectivo
xoga un papel moito menor na cualificación das actividades.
A seguinte actividade que desenvolvemos en
clase tamén era relativa ás programacións didácticas só que neste caso tratamos
as programacións da Escola Oficial de Idiomas. Para esta actividade dividímonos
en grupos mais numerosos, de catro ou cinco persoas. Despois buscamos unha
programación didáctica da materia de inglés dunha Escola Oficial de Idiomas.
Tras buscar sen éxito en Vigo e Ferrol acabamos recurrindo á programación
didáctica da Escola Oficial de Idiomas de Monforte. A partir de alí tiñamos que
facer unha valoración da mesma e elaborar unha presentación que, ademais, tiña
que estar gravada coa aplicación Screencast-o-matic
que nos permitía tanto gravarnos a nos mesmos coma a pantalla do ordenador. No
noso caso nos decantamos polo último: elaboramos un análises tras unha
observación da programación, no que iamos relatando o que pensabamos da mesma e
mostrando na pantalla a qué nos estabamos a referir. Outros compañeiros optaron
por gravarse a si mesmos falando para a cámara, pero nos pensamos que sería
mais sinxelo para a comprensión mostrar o texto do que estabamos a falar. O vídeo
resultante da actividade foi logo subido á plataforma de Youtube, no que se pode
ver.
Coma conclusión podo dicir que observamos
as programacións didácticas dende puntos distintos e pertencentes a organismos
diferentes. Puidemos observar cousas en común e cousas que non se tiñan
organizado de maneira similar, pero conseguimos ter mais referencias á hora de
analizar se unha programación está mellor ou peor. O feito de facer presentacións
con outros métodos e en vídeo foi bastante distinto ó habitual, pero non por
iso menos interesante.
No comments:
Post a Comment