Para o segundo tema da materia centrámonos
no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, coñecido comunmente coma
MCER, tratando tanto qué é coma que funcións ten e que papel desenvolve no
ámbito do aprendizaxe e ensino de linguas estranxeiras. Antes do comezo do tema
a tratar fixéronse unhas pequenas preguntas previas para asentar base sobre o
noso coñecemento previo sobre o MCER, así coma tamén unha pequena
autoavaliación das capacidades de cada un segundo os estándares do Marco Común
Europeo de Referencia. A través de sinxelas preguntas, cuxa resposta era
positiva ou negativa, pode calquera persoa establecer grosso modo o seu nivel dunha lingua determinada. Aínda que esta
ferramenta pode ser útil coma guía para os usuarios que non estean de todo
seguros de que nivel teñen, podemos dicir que non é mais ca unha aproximación,
xa que son preguntas demasiado xerais e que permiten moi pouco nivel de
concreción na resposta coma para ter unha precisión no nivel de cada usuario. Pódese realizar o test aquí.
Ligado o que acabo de dicir, podemos
establecer que o MCER é o que o seu título indica, un marco de referencia. A
súa elaboración ten como fin o de servir de guía para a elaboración de currículos
de forma xeral, o deseño dos materiais
para o ensino-aprendizaxe ou a avaliación das destrezas cunha lingua
estranxeira, aínda que, coma xa dixeramos, trátase dunha avaliación moi xeral,
con pouca precisión. Malia iso, o obxectivo do MCER é o de traspasar as
barreiras dos sistemas educativos de cada sistema de ensino de cada país membro
da Unión Europea. Coma é natural cada estado terá os seus estándares e
currículos propios. A pesar disto, o inglés coma lingua estranxeira – por exemplo
– é a mesma lingua para todos os estados membros polo que a súa avaliación en
canto ás destrezas ca mesma deberían ser comúns para todos os cidadáns da Unión
Europea. Esta iniciativa podería ser mais útil para os usuarios se fose moito
mais concreta, se cadra con outro tipo de test mais detallado, e non tan xeral,
no que se poida avaliar con maior fundamento se o coñecemento de cada usuario
cunha lingua estranxeira se corresponde con cada nivel que establece o MCER.
Por outro lado hai que considerar as dificultades que unha lingua contempla
para a súa correcta avaliación.
No fondo da creación do MCER destaca tamén
unha cuestión de unión de Europa e dos europeos. Pretende, ata certo punto,
preparar á cidadanía europea para a mobilidade internacional tanto no ámbito
académico coma no laboral. Para isto o dominio das linguas do entorno europeo é
fundamental. E xa non só por cuestións académicas e laborais. Nunha Europa na
que cada día conviven mais etnias e culturas mesturadas é preciso reavaliar
como adquirimos e aprendemos as linguas e como as empregamos. Quizá sería
momento de que a Unión Europea fixase unha lingua estándar e común para toda a
unión; o problema sería acordar cal sería a axeitada.
Tradicionalmente podemos dicir que os
niveis establecidos polo MCER para as linguas foron A1, A2, B1, B2, C1, C2,
sendo o nivel A o mais baixo e o C o mais elevado. Isto adaptase segundo o caso
co novo plan do 2018 que atende ás dificultades ou necesidades de cada lingua.
O aprendizaxe non sempre será lineal e aínda que se estableza que para
conseguir un nivel de C2 dunha lingua se vai tardar oito anos poderían ser na
realidade mais ou se cadra menos.
Diagrama do novo plan proposto a partir do 2018. |
O proceso de ensino das linguas pode
sufrir ramificacións e intercalar niveles intermedios de ser preciso, polo que
podemos observar bastante flexibilidade no proceso de ensino e aprendizaxe de
linguas. Estas adaptacións poden deberse á dificultade de certa area da lingua,
a necesidades especiais ou ó desenvolvemento dunha destreza lingüística para
unha necesidade profesional específica.
Enlazado con isto último e para asentar os
coñecementos tamén levamos a cabo unha actividade relativa ó marco MCER e ó
deseño dun curso. Partindo do perfil dunha persoa que, no noso caso, era un
estudante de Formación Profesional de Restauración, deseñamos un curso para a
mellora da destreza na lingua estranxeira ligada ó ámbito da Restauración e
seguindo os criterios do Marco Común Europeo de Referencia. Por suposto sería
imposible desenvolver na aula o deseño dun curso completo, polo que fixemos o
que serían dúas tarefas: a primeira enfocada ós alérxenos posibles que se
puidesen atopar no ámbito dun restaurante, xa que consideramos fundamental o
coñecemento e a correcta comunicación e comprensión dos mesmos para evitar
danos da saúde dos clientes; a segunda cubre o que sería a interacción mais
formal co cliente, con peticións, preguntas, suxerencias, etc. axudándonos de diálogos
e representacións. Con actividade coma estas podería mellorarse o uso da lingua
nun ámbito específico e segundo os estándares do MCER, xa que o individuo tería
un nivel inicial B1 e os contidos poderían formar parte do camiño cara o nivel
de B2 – polo menos na area específica ó que pertencen. A actividade completa está disponible aquí.
Podemos dicir, para rematar, que o Marco
Común Europeo de Referencia cumpre unhas funcións nacidas da necesidade de unir
– ata certo punto – á cidadanía europea. Pese a que podería ser de maior axuda
ou dun carácter superior sobre os estados, podemos dicir que é un primeiro paso
cara a un posible proxecto maior no futuro da Unión Europea.
No comments:
Post a Comment